SITUACIÓN: (como chegar)


O Albergue Turístico Hípico de Sabucedo está situado na parroquia de Sabucedo, no concello pontevedrés da Estrada, a unha distancia de 12 km. da capital do Concello, onde se poden atopar diversos servicios como bares, restaurantes, gasolineiras, comestibles, cines, piscinas e outros servicios.

O albergue está a unha distancia de 35 km. de Santiago de Compostela, a 30 km. de Pontevedra e 80 km. de Ourense.

-Dende Santiago accédese pola C-541 ata A Estrada e dende alí a PO/P-2003 en dirección a Forcarei.

-Dende Pontevedra debe collerse a N-541 en dirección a Ourense e en Cerdedo desviarse a esquerda en dirección A Estrada - Sabucedo.

-Dende Ourense dirixirse pola N-541 en dirección a Pontevedra ata Cerdedo, e dende alí xirar á dereita cara a Sabucedo.

foto3p

Vista do Albergue

sabucomop

Faga click no mapa para ampliar

foto4p